martes, 28 de abril de 2015

NON É UN ADEUS, É UN ATA LOGO

Despois de catro meses traballando en grupo, poñendo en práctica os nosos coñecementos e aprendendo cada día unha cousa nova, é un pracer para nós despedir o blog Mellor Xuntos, o que con tanto esforzo fixemos e intentamos mellorar a diario.


 

CARTEL FINAL

Nun dos nosos últimos post neste blog, queremos presentar un cartel no que se recollen as actividades ou prácticas máis importantes que realizamos nesta asignatura e cales son as características principais que definen ao noso grupo. Recordando un pouco e observando o cartel, durante este cuatrimestre creamos un informe con actividades deseñadas para nenos e nenas de Primaria, tamén realizamos unha análise de webs institucionais e portais educativos para docentes e alumnos, subtitulamos un vídeo sobre un tema relacionado cos contidos do noso informe, o ciclo do auga. Buscamos vídeos e películas para compartir no noso blog relacionados coa temática que estabamos traballando, creamos actividades deseñadas por nós mesmos; e moitas máis actividades importantes para a nosa profesión.

Para una mejor visualización del cartel, aquí: 
https://www.dropbox.com/s/jb3wc0ipao7us18/cartel%20mellor%20xuntos.jpg?dl=0



COMENTARIO CRÍTICO DOS BLOGS DOS NOSOS COMPAÑEIROS

Mergullándonos cos trabalinguas
Sinxelo de manexar.
Moi colorido, o que axuda a captar a atención do lector.
Ten un estilo clásico.
É ameno xa que non ten demasiada nin excesivamente pouca letra.
Gráfico xa que resume bastante a información coas imaxes.
¡Paso a paso por nuestra nube vamos!
É demasiado simple.
É pouco explícito, xa que hai en diferentes entradas que non se explica nada con letra.
Rechamante, ten excesiva cantidade de colores.
É boa idea o do reloxo.
Mergullémonos coas TICS
Nalgunha entradas peca de ter demasiada exlpicación.
Ten moitas imaxes o que axuda a mellor compresión do blog.
É ameno debido a cantidade de imaxes
Tecliña a tecliña
O diseño está ben, pero o fondo é demasiado repetitivo con tanto verde.
A letra dalle un toque orixinal.
Gústanos que houbera unha foto dos compoñentes.
Utiliza unha linguaxe coloquial o que facilita o entendemento.
GreenTic
O diseño está ben, pero o fondo é demasiado repetitivo con tanto verde.
Ten moitas entradas e son orixinais con diferentes ideas para diversas actividades.
É ameno xa que ten o texto xusto e conten moitas imaxes.
Dalle un toque orixinal o cambio da fonte.
TIC-creando no mundo
O deseño é elegante, pero quizáis demasiado formal para un blog destinado a nenos.
Hai moitas imaxes e as explicacións son concisas e non demasiado extensas.
O pequeno cineasta de primaria
Góstanos a adecuación do estilo do blog co nome deste.
Moi orixinal.
Ten poucas imaxes e demasiado texto.
El bosque encantado
O fondo non permite ver claramente o texto.
Está ben repartido a cantidade de textos e de imaxes.
Non corresponden algunhas imaxes co contido do texto.
Sportic and roll
En xeral moi ben.
Aínda que por facer algunha crítica, moita letra e poucos enlaces.
Lima y limón
Gústanos moito.
O póster está moi ben.
Choiva de ideas
Está moi chulo.
As cousas moi claras.
Pouco texto (como debge ser dende a nosa opinión).
Moi visual coas imaxes.
Un ritmo diferente
Deseño mellorable (máis imaxes para que sea máis visual).
Pero en xeral, moi ben.
TIC-eandonoplaneta
Deseño mellorable, pero información clara e precisa.
Bastante ben.
TIC-TAC
Deseño precario (imaxes pixeladas).
Moita letra e poucos enlaces (é un blog, non unha páxina web).
La escuela inalámbrica
Deseño novedoso e fresco.
Encántanos en xeral a todos os membros do grupo.
Colorido e moi chula a letra.
Móvete nun clic
Sobrio e non enfocado para nenos.
Nada visual.
Precario.

AVALIÁMONOS

En xeral, a experiencia foi interesante e un comezo importante como mestres para poñernos en contacto coas TIC. Como grupo esforzámonos e participamos todos por igual. A creatividade foi un factor moi importante e a motivación tamén. A satisfacción do grupo é moi boa porque estivemos de acordo en todo momento, tanto na repartición de tarefas como no cumprimento das mesmas. Ademais de cumprir cos factores que defendemos nun principio, a igualdade e a cooperación.

miércoles, 8 de abril de 2015

GOOGLE SITES

Aquí presentamos 2 sites feitos polos membros do noso grupo. No primeiro está a mesma información xa subida anteriormente no blog, o informe do proxecto (pero nun formato diferente). E no segundo, os planetas que nos rodean, temática na que nos basamos. Sites é unha aplicación online gratuita ofrecida pola empresa estadounidense Google. Esta aplicación permite crear un sitio web ou unha intranet dunha forma tan sinxela como editar un documento. Con Google Sites os usuarios poden reunir nun único lugar e dunha forma rápida información variada, incluídos vídeos, calendarios, presentacións, arquivos adjuntos e texto. Ademais, permite compartir información con facilidade para vela e compartila cun grupo reducido de colaboradores ou con toda a súa organización, ou con todo o mundo.

Sites: 
https://sites.google.com/site/mellorxuntos/
https://sites.google.com/site/losplanetasquenosrodean/


sábado, 28 de marzo de 2015

RECURSOS EDUCATIVOS PARA NENOS E NENAS DE 4º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA



A través deste documento analizamos diferentes programas, PDI e Edilim que serven para realizar actividades e que os nenos e nenas participen de maneira interactiva nas clases cas Tecnoloxías da Información e da Comunicación. No noso grupo realizamos tarefas relacionadas co noso informe, destinado a alumnos de cuarto de primaria e relacionadas cos contidos que se dan durante este curso. A área que escollemos é ciencias da natureza e as actividades que deseñamos cos programas PDI e Edilim están relacionadas con esta materia.

Enlace:
https://www.dropbox.com/s/rxpzuqdkplccaz0/RECURSOS.docx?dl=0



martes, 24 de marzo de 2015

ANÁLISE DE RECURSOS WEB E PORTAIS EDUCATIVOS

A través de este documento presentamos as webs institucionais e portais educativos que consideramos máis útiles para alumnos/as e maestros/as da educación primaria. 

A maioría destes portais educativos e páxinas institucionais presentan unha gran cantidade de documentos, actividades, tutoriais, vídeos e xogos que podense empregar tanto online como offline e que poden servir como material de apoio para alumnos que precisen materiais complementarios para a súa ensinanza e para maestros que queiran utilizalos como soporte de axuda na aula.