sábado, 28 de marzo de 2015

RECURSOS EDUCATIVOS PARA NENOS E NENAS DE 4º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA



A través deste documento analizamos diferentes programas, PDI e Edilim que serven para realizar actividades e que os nenos e nenas participen de maneira interactiva nas clases cas Tecnoloxías da Información e da Comunicación. No noso grupo realizamos tarefas relacionadas co noso informe, destinado a alumnos de cuarto de primaria e relacionadas cos contidos que se dan durante este curso. A área que escollemos é ciencias da natureza e as actividades que deseñamos cos programas PDI e Edilim están relacionadas con esta materia.

Enlace:
https://www.dropbox.com/s/rxpzuqdkplccaz0/RECURSOS.docx?dl=0



martes, 24 de marzo de 2015

ANÁLISE DE RECURSOS WEB E PORTAIS EDUCATIVOS

A través de este documento presentamos as webs institucionais e portais educativos que consideramos máis útiles para alumnos/as e maestros/as da educación primaria. 

A maioría destes portais educativos e páxinas institucionais presentan unha gran cantidade de documentos, actividades, tutoriais, vídeos e xogos que podense empregar tanto online como offline e que poden servir como material de apoio para alumnos que precisen materiais complementarios para a súa ensinanza e para maestros que queiran utilizalos como soporte de axuda na aula.

miércoles, 18 de marzo de 2015

Salvemos o noso fogar

Un tema moi importante tratado na clase é a contaminación que estamos realizando no noso planeta e que pouco a pouco está terminando con este. Non nos damos de conta da importancia que isto ten e na película chamada "Wall-e" podemos ver como o mundo, se seguimos por este camiño, o que coñecemos como Terra e como casa deixará de ser o noso fogar.



Déixovos aquí o enlace esperando que cheguedes a comprender a moralexa, que é a importancia de salvar o planeta e de non seguir ensuciando onde vivimos.


Espero que vos guste tanto como nos gustou a nós.

Aforra auga, salvar o planeta está nas túas mans



Aquí déixovos un anuncio sobre o importante que é aforrar o auga en diferentes tarefas cotiás e a gran repercusión que isto ten. O exemplo que vemos no vídeo é lavarse os dentes.



O enlace do spot publicitario é o seguinte:
https://www.youtube.com/watch?v=tw35KQWaf4E



A lúa

Hoxe queremos compartir con todos vós un corto que se chama "A Lúa" de Pixar. Este cortometraxe trata sobre unha familia de barrendeiros cuxo traballo basase en barrer as estrelas que caen do satélite na Terra.

O máis importante que consideramos deste corto é a moralexa tan significativa que nos deixa, que coma noutras películas desta misma cadena cinematográfica, nos presenta, a través da mostra de diferentes xeracións,  a importancia de animar a seguir  o noso propio camino e non deixarnos levar polo que os demais nos impoñen porque pensan que é o mellor para nós. Esta moralexa preséntanola facendo unha comparación coa lúa e a súa maneira de menguar.



Déixovos aquí o enlace por si vos interesa velo...


martes, 17 de marzo de 2015

INFORME

Este é o informe do 4º curso de primaria do colexio Better Together, ónde centrámonos principalmente nas ciencias sociais e en concreto no bloque dos seres vivos. Deixamos éste enlace ao que calqueira de vós que estea interesado pode acceder fácilmente para ver os contidos e as actividades que realizaremos.

https://www.dropbox.com/s/623l0cs7636an4u/informe.docx?dl=0

Moitas grazas!
Un saúdo.