miércoles, 21 de enero de 2015

PRESENTACIÓN E XUSTIFICACIÓN DO NOME

BENVIDOS


Somos Daniel, Paloma, Ana, Elena e Andrea, un grupo de estudantes do grado de Educación Primaria na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte en Pontevedra.

O noso blog chámase "Mellor Xuntos" porque defendemos e cremos na igualdade e a cooperación. Este nome engloba e reúne a todas as persoas sen excepción algunha (pais, nais, alumnos...), eliminando a desigualdade e a exclusión, a través do traballo cooperativo. Mediante este pretendemos demostrar cómo aportando o noso gran de area podemos conseguir os obxectivos de maneira máis rápida, eficaz e mellor.